domingo

O malhao malhao

Letra, música e imaxes. ¿Alguén da máis?


Pois si, aquí tamén poñen os puntos para bailar este Malhao que compartimos coas xentes do outro lado do rio.


Nós só lle temos que poñer as pandeiretas.

Sara Sariña, da Señora Carmen

Da gusto escoitala, e a cantiga é ben bonita.


lauradinha

Esta é unha preciosa cantiga para aprender.


e a letra:

ó Lauridiña
ven á xanela
ver ó teu amor
ai ai ai que vai para a guerra.

Se ele vai para a guerra
deixaio ir
ele é rapaz novo
ai ai ai ele torna a vir

Ele torna a vir
se Deus quixer
aínda ven a tempo
ai ai ai de arranxar muller